27 abr. 2017

Unha feira moi educativa



Onte estivemos no Auditorio Municipal de Riveira, na IV Feira da Educación. Fixemos un montón de actividades. Comezamos por unha visita ao Centro Cultural Lustres Rívas onde puidemos visitar unha exposición de pintura e escultura moi interesante. Ademáis fixemos as nosas propias creacións.


Logo fomos ata o auditorio e visitamos toda exposición. Había verdadeiras obras de arte nese lugar, os compañeiros/as dos outros coles traballa arreo! Tamén nos decatamos que moitos dos que estaban alí quedaban un bo rato mirando o vídeo do noso proxecto sobre o tempo. Estamos orgullosos/as!


De seguido puidemos participar nun obradoiro de cociña creativa impartido por unha profe co CPR A Milagrosa de Oleiros e axudada por dúas alumnas da ESO. Moitas grazas!!!



Xa para rematar, e mentres esperábamos a que nos viñera a buscar o autobús, estivemos xogando un pouco na Praza de Teruel ao pilla-pilla, pilla alturitas,...

Un día moi completo!

24 abr. 2017

Día do Libro




Para conmemorar o Día do Libro, entre outras actividades, fixemos uns marcadores para poder buscar nós os libros na biblioteca do cole sen desordenalo todo.

Logo cada quen, buscou un libro sobre o que ía traballar o resto da semana. A partir de agora, todas as semanas ata final de curso, traballaremos con un libro distinto escollido por nós mesmos.




19 abr. 2017

O Antigo Exipto!

 

Noa Martínez atopou pola casa un libro sobre o Antigo Exipto. Pareceulle tan interesante que o trouxo a clase para compartilo con todos nós. A raíz desta charla buscamos información na internet e, quedamos abraiados do avanzada que foi esta civilización.

Graciñas, Noa!





16 abr. 2017

Bichos!!!!


Iso foi o que se escoitou o outro día na biblioteca cando chegamos, como de costume, o luns a primeira hora da mañá. Que pasaba?? Pois que os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º prepararon unha exposición de bichiños moi curiosa. Dende ese día, cada vez que imos á biblio, hai que facer unha parada 'obrigatoria' para observar a exposición.

Grazas compañeiras/os!!





13 abr. 2017

Xeo do Cebreiro!!



Pode haber xeo do Cebreiro en Carreira?? Pois se alguén a trae de alí e a conserva ben, podemos vela aquí... e mollar as mans.
Coa nevada que houbo este fin de semana Xabi e a súa familia foron ata o Cebreiro para ver a neve. Alí tomou un anaco dela e tróuxoa para ensinala. Aproveitamos que andábamos a estudar o tema da auga para falar dos diferentes estados da mesma e velo cun exemplo práctico.

Moitas grazas Xabi!








7 abr. 2017

Contos dende India

 
Alba Mosquera ten a sorte de ter un tío viaxeiro. Entro outros lugares do Mundo, viviu varios meses na India e Alba amosounos o diferente que é este país do sitio onde nós vivimos grazas a unhas fotografía do seu tío.

Unha experiencia moi enriquecedora! Grazas Alba!