6 oct. 2013

OUTRO MÉTODO DE LECTO-ESCRITURA INTERESANTE


No Centro de Educación Para Adultos de Castuera (unha poboación extremeña de pouco máis de 6000 habitantes) deseñaron un método de lecto-escritura para axudar a aprender a ler á xente maior que, no seu momento, non tivo a sorte de poder ir a unha escola.

Está estruturado por letras e, dentro do arquivo de cada unha, ademais da fichas de lectura “silábica”, ten fichas para traballar a grafía con diferentes tipos de pautas e varios exercicios para ir asimilando as letras dun xeito coherente e organizado. En definitiva, un método moi interesante.

2 comentarios:

Ana Martinez dijo...

Parece moi interesante. Moitas grazas por compartilo. Eu este ano teño que traballar a lectoescritura cos meus e ao mellor me serve. Un bico.

Carlos Mariño dijo...

Este ano tamén temos que traballar a lectoescritura... por eso andamos a buscar materiais axeitados!

Apertas!